Archivo de la etiqueta: exposición

Memoria Histórica | |
Publicado por ARMH

Exposición: Exilio e Deportación, de Monterrei e Boborás aos campos nazis

DESCRICIÓN
A exposición é parte da homenaxe que a asociación cultural ‘Monterrei, cultura e territorio’ lle tributou ao veciño de Estevesiños (Monterrei), Joaquín Balboa, preso no campo de Mauthausen durante a II Guerra Mundial, no verán do 2016.
A exposición consta de 14 paneis (dous deles portada e contraportada), en cartón-pluma, moi fáciles de transportar e pendurar, aínda que deteriorados despois de catro cursos viaxando por distintos centros educativos e culturais. Cada un dos paneis inclúe un breve texto de presentación, testemuños directos e imaxes, procurando seleccionar ao máximo a información textual e visual, co propósito de que resulte significativa e atractiva para os lectores.
O obxectivo é difundir as experiencias vividas polos exiliados republicanos españois deportados aos campos nazis, tendo como referencia os casos concretos de Joaquín Balboa (triángulo azul, deportado ao principio da II GM) e Antonio Pérez (de Boborás, membro da Resistencia francesa). Procurouse, tamén, que as mulleres tivesen o espazo que lles corresponde entre as vítimas do fascismo, con Mercedes Núñez Targa como exemplo máis próximo.
Está pensada, especialmente para Centros educativos e en concreto para 4º da ESO e Bacharelato.
A exposición está realizada polo profesor de Historia e investigador da deportación Heladio Anxo Fernández Manso

IDIOMA
Galego

CARACTERISTICAS
14 paneis en cartón pluma ( están un pouco deteriorados) de 80×60 cm.

MONTAXE
Sinxelo, pendurar con colga fáciles, clips, ou outros medios de suxeicción, en paredes ou expositores.

PREZO
Non ten coste, so o transporte. Pódese transportar en calquera coche.

COMPLEMENTO
Contamos cun cuestionario para axudar á lectura e comprensión da exposición, co documental da TVG protagonizado por Joaquín ‘Mauthausen, regreso ao campo da morte’, coa posibilidade de impartir charlas sobre o tema coa presenza dalgún familiar de deportados, e outras suxestións de recursos para profundizar no coñecemento da historia dos nosos deportados.

CONTACTO
trianguloazul.armh@gmail.com