Elexía. Julio Martínez Arias da Porta de Aires da Coruña ao aire de Mauthausen.

17,00 

* Gastos de envío incluidos en el precio

Hay existencias

Categoría: Etiqueta:

Descripción

Julio Martínez Arias nace na Coruña, en 1910. Marcha a Madrid a traballar e estudar e logo a Barcelona, onde ingresa no exército republicano. Nel loitará durante toda a guerra, sempre nos arredores dos lugares emblemáticos da Batalla do Ebro.
Marcha cara o exilio e será internado no campo Le Barcarés. Ingresa no exército francés. Ferido en combate, vivirá os seus últimos meses en hospitais militares alemáns e nos Stalags ou campos de prisioneiros do exército alemán, ata o seu traslado a Mauthausen, onde é asasinado o 7 de setembro de 1940.
O libro recolle tamén a interesante correspondencia co presbitero e Joseph Pierre Charles Charretier, na localidade de Rosny-sous-Bois, onde ilustra moitos dos padecmento de Martínez Arias

Francisco Xosé Fernández Naval

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educació. Poeta e narrador, traballa os variados ámbitos da escrita: novela relato, poesía, literatura infantil e xuvenil, ensaio, literatura da natureza e de viaxes, teatro, guións de cine e televisión e colaboracións en publicacións colectivas, xornais e revistas galegas, españolas, portuguesas e americanas.
Ten máis de cincuenta libros publicados e numerosos galardóns. A memoria é elemento esencial da súa literatura, entendida dende o punto de vista persoal, familiar, histórica e do territorio.

100 páginas
Idioma: Gallego