Memoria Histórica | |
Publicado por ARMH

Presentación do blog A Memoria Do Cárcere Da Coruña

A realización do blog ten como obxectivo o sucedido no cárcere da Coruña, quere que se conte o que aconteceu dentro deses muros.

Polos seus muros pasaron representantes municipais, sindicais, veciñais… moitos deles foron fusilados, agarrotados ou feitos desaparecer. Desde o inicio do golpe de Estado do 1936 ata ó último momento do Franquismo homes e mulleres foron presos só por ter cargos ou apoiar as ideas republicanas, homes e mulleres que participaron na loita contra o franquismo desde a guerrilla e simpatizantes de partidos políticos ou simplemente non ter “afectos” ao réxime.

Anos de terror e de tristura, familias condeadas a escurecerse sempre, a non voltar a falar.

Contar o acontecido no interior dos muros do cárcere da Coruña para honrar a memoria e abrir as portas contra o silencio é a intención do blog A Memoria do Cárcere, que recolle os testemuños dos presos e a  represión da Dictadura.

O blog será unha boa ocasión para que os protagonistas e as familias podan contar o sucedido e que podamos coñecelo.

No blog se contemplan varios apartados:

Semblantes e Reseñas: onde se conta a vida de persoas presas

Día a día no cárcere: para relatar o acontecido da vida diaria.

Feito no cárcere: sobre a producción realizada intramuros

O edificio: No que se conta a descripción feita polos presos das diferentes estancias.

Escritos: para destacar obras que se fixeran en torno ó carcere ou ás persoas presas

Colaboracións: Contribucións de investigadores e familiares.

Na ficción: onde se recollen obras ambientadas na prisión  

O próximo xoves 3 de decembro, Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e Proxecto Cárcere convocan nun acto público na Casa Museo de Casares Quiroga de A Coruña, ás 7,30 da tarde, á presentación do proxecto A Memoria do Cárcere.

A presentación do blog correrá a cargo Xosé Lado, de Proxecto Cárcere e Carmen García-Rodeja da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) e contará coa presencia de Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, de Alfredo Suárez, neto do último alcalde republicano e o investigador Luis Lamela.

Esta presentación será o inicio dunha serie de acto en relación coa represión e o cárcere. Podes ver o blog aquí memoriadocarcere.com

 

Publicado por ARMH

Un pensamiento en “Presentación do blog A Memoria Do Cárcere Da Coruña

  1. Maria. Luisa soto

    Pienso que fue una verguenza lo ke paso en la gerra civl, como puede ser que personas con ucerebro como podemos llegar a hacer las guerras, y despues de terminar la guerra como pudieron seguir buscando a las personas para asesinarlas a sangre fria, eso fue asesinato. A sangre fria como a pasado el tiempo y no han pagado lo cul pables.Gracias a las personas de memoria historica por seguir a ayudando a tantas personas por aliviar un poco la pena de esos familiares ke perdieron a sus familires.

    Responder

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *