Memoria Histórica | |
180710-Castroncelos-Env (9)
Publicado por ARMH
Share on FacebookTweet about this on TwitterGoogle+Share on LinkedIn

Reiníciase na Pobra do Brollón a procura dos restos de dous irmáns asasinados polos fascistas en 1936

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) retomará esta semana a procura dos corpos de dous irmáns de Montefurado vítimas da ditadura franquista, José María e Ricardo García Moral. As novas pistas achegadas por veciñanza da localidade de Castroncelos (A Pobra do Brollón) contradín os documentos oficiais e levarán aos voluntarios e voluntarias da ARMH a traballar a outra zona do atrio da igrexa parroquial. A ARMH xa buscou a estes dous irmáns no ano 2016 e o resultado foi a aparición doutras dúas vítimas da ditadura (José Silvosa e Ramón Somoza, asasinados en 1938), que foron identificadas e entregadas aos seus familiares en abril de 2018, inhumados finalmente no atrio da igrexa de Castroncelos.

José María García Moral naceu o 8 de decembro de 1907 en Entoma (O Barco de Valdeorras, Ourense), fillo de José María e Concepción. Residía en Montefurado e estaba casado con Vitoria Gómez Mondelo con quen tivo tres fillos: Francisco, Concepción e Josefa. Ricardo García Moral, o seu irmán, tamén residía en Montefurado coa súa esposa Ramona Gómez Mondelo e os seus dous fillos, Josefa e Manuel.

Segundo a investigación realizada pola ARMH, as autoridades da época abriron dilixencias a través do Xulgado de Quiroga o día 7 de setembro de 1936 pola aparición de dous cadáveres na Estación, Abrence (A Pobra de Brollón), na estrada que vai desta vila cara a Quiroga, fronte á casa dun tal Bernardino. A denuncia fora presentada ante o Xulgado Municipal da Pobra de Brollón por un veciño da localidade, que tamén declarou que no quilómetro 50 da estrada que vai de Nadela a Campos de Vila apareceran outros dous homes mortos, diferentes aos anteriores. Na súa declaración deixou escrito:

Que al lado de dichos cadáveres, así como al lado de los que se refiere el anterior parte, aparecieron casquillos correspondientes a balas de fusil máuser y que al parecer los cuatro cadáveres de referencia, fueron muertos por fuerzas de la Falange Española al intentar detenerlos, pero sin que sepa el dicente quiénes fueran.

Acto seguido, o xuíz ordenou ao Xulgado Municipal para que procedese ao levantamento dos cadáveres, inspección ocular, autopsia dos mesmos, inscrición da defunción no Rexistro o seu enterramento, ademais de tomar declaración a todas as persoas que coñecesen os feitos. Na dilixencia de inspección ocular, foi constatado polo Xuíz Municipal, o médico titular e o Secretario, constituídos no monte coñecido como Chá de Castroncelos o recoñecemento dos cadáveres de dous homes, de 30 a 35 anos, ao parecer fillos ambos dun tal Jesús, coñecido como Bolés; un chamado José, casado con Vitoria, natural e veciño de Montefurado (José María García Moral); e o outro, máis novo, chamado Ricardo, casado con Ramona e tamén natural e veciño de Montefurado (Ricardo García Moral). Recoñeceuse a morte de ambos nas últimas horas do día 6 de setembro por disparos de fusil e ordenouse o traslado dos cadáveres ao cemiterio de Castroncelos para que se lles realizase a autopsia e o enterramento, que se realizou no atrio da Igrexa parroquial.

As posteriores investigacións realizadas polo Xulgado Militar de Monforte levaron á conclusión de que foron “os fascistas de Montefurado” quen detiveron aos irmáns, introducíronos nun tren camiño de Monforte e supostamente quen os asasinaron poucas horas despois da súa detención. A pesar de quedar comprobadas as responsabilidades nos asasinatos, decretouse o sobresemento provisional das actuacións “considerándose non determinada a persoa ou persoas que interviron na execución dun delito”.

En 2016 os voluntarios da ARMH chegaron á conclusión, unha vez realizada unha prospección arqueolóxica na zona marcada por documentación da época, que a construción da nova igrexa de Santiago de Castroncelos foi determinante para a desaparición da fosa común que contiña os restos dos irmáns García Moral. Despois de comparar a localización da nova igrexa, reconstruída nos anos 60. Recentemente a familia dos irmáns García Moral reuniron diferentes testemuños que sitúan a posible fosa noutra zona do atrio da Igrexa.

http://praza.gal/movementos-sociais/17104/reiniciase-na-pobra-do-brollon-a-procura-dos-restos-de-dous-irmans-asasinados-polos-fascistas-en-1936/

Publicado por ARMH
Share on FacebookTweet about this on TwitterGoogle+Share on LinkedIn

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

dieciseis − cuatro =

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>