Memoria Histórica | |
convite FOI NO CARCERE NOVEMBRO 2017
Publicado por ARMH
Share on FacebookTweet about this on TwitterGoogle+Share on LinkedIn

Foi no cárcere

ACTIVIDADES FOI NO CÁRCERE

A Asociación da Recuperación da Memoria Histórica ( ARMH), dende hai máis de dous anos, iniciou un traballo de investigación intenso e de recollida de información sobre o sucedido entre as paredes do cárcere da Coruña nos tempos de represión política neste país durante a ditadura franquista. Esta información non quixemos deixala nun caixón e a puxemos a disposición dos cidadáns na web www.memoriadocarcere.com

O percorrido que estamos a presentar nasce desa investigación e das voces dunha historia que está viva nas lembranzas das persoas presas por razón de conciencia e as súas familias. O cárcere é un lugar simbólico para a cidade e un lugar na historia da memoria.

Exposición de fotografía As pegadas no cárcere de Carabanchel de Clemente Bernad

Inauguración : mércores 15 de novembro ás 20h coa presentación do fotógrafo Xoan Piñón e a actuación do cantautor Tato López

Lugar: espazo No Importa, San Andrés 46, 15003 A Coruña

O cárcere de Carabanchel é un símbolo da represión da ditadura franquista. Por ela pasaron miles de antisfascistas, represaliados polas súas ideas políticas ou pola súa orientación sexual. As condición de vida entre os muros era de terror. Trala morte do ditador e das sucesivas amnistías dos chamados presos políticos, os que quedaron encarcelados sentíronse discriminados xa que tamén foran vítimas do réxime e das leis fascistas. Organizáronse en torno á COPEL e protagonizaron unha intensa loita reclamando a liberdade e un cambio radical no sistema penal e penitenciari. O cárcere pechou en 1998 e quedou abandoada. Foi derrubada en outubro de 2008. As fotografías de Bernad tomáronse en novembro de 1998, apenas unha semana despois do traslado dos presos de Carabanchel a outras prisións. As pegadas do lugar evidéncianse na súa obra.

Debate A vida carcelaria e a política nos anos sesenta e setenta

Mércores 22 de novembro ás 20 horas, Casa Museo Casares Quiroga. Panaderas 12, 15001 A Coruña

Mesa redonda cos ex-presos políticos no cárcere da Coruña: Xan María Castro, Enrique Veira e Manuel Porto. Presenta e modera Luís Alonso.

Os intervintes foron membros das Xuventudes do Partido Comunista e protagonizaron a caída no ano 1967. Será una interesante reflexión sobre as causas que levaron a estes mozos a seren privados de libertade, a vida no cárcere da Coruña, as axudas que tiveron e a traxectoria vital e política que seguiron desde a prespectiva dos cincuenta anos transcurridos.

Conferencia A producción artística de Mario Granell preso no cárcere de A Coruña.

Mércores 29 de novembro ás 20 horas. Fundación Luís Seoane

A cargo de José Ballesta, historia da Arte e director do museo Castrelos.

Presenta Jorge Calle

José Ballesta director do Museo Quiñones de León de Vigo nos achegará á figura de Mario Granell, un dos máximos exponentes do surrealismo e preso no penal da Coruña dende o ano 1937 ata o 1942 onde realiza parte da súa obra artística.

Conversa con Clemente Bernad e clausura da exposición Carabanchel

1 de decembro ás 20 horas. Conversa co fotógrafo Clemente Bernad e clausura da exposición Carabanchel no Espazo No Importa, San Andrés 46, 15003 A Coruña.

Publicado por ARMH
Share on FacebookTweet about this on TwitterGoogle+Share on LinkedIn

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

5 − 1 =

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>